Vitaldent BM Pontevedra afúndese na segunda parte e perde (33-22) en Lalín
Por Redacción
A profundidade de banco decidiu o partido entre Embutidos Lalinense e Vitaldent BM Pontevedra. Os de Pedro Pérez aguantaron durante a primeira parte e mesmo conseguiron poñerse por diante no marcador ao pouco de comezar a segunda, pero cederon logo ante o potencial do conxunto local, que acreditou as súas opcións a loitar polo ascenso.
Os primeiros 30 minutos foron de absoluta igualdade, case sempre con vantaxes mínimas dun e outro, sen que ningún equipo lograse irse no marcador, pero un parcial de 5-0 favorable aos locais, a partir do minuto 35 rompeu o partido, e o Vitaldent xa non foi capaz de reaccionar, encaixando unha derrota excesiva en canto á diferenza final.
EMBUTIDOS LALINENSE (33): Pablo; Uxío Batán (2), ÿscar Couto, Adrián Crespo (8), Pachi Dacosta (6), Bruno Fernández (7), Ramón Gil (2), Martín Iglesias (1), Gustavo Lázara (3), Diego Méndez (2), Miguel Novo, José Pedreira (1), Duarte Batán e Xoan Manuel Ledo (1).
VITALDENT BM PONTEVEDRA (22): Pablo Galán, Anxo Otero; Domato, Gonzalo García (1), Alberto Garrido (3), Daniel Gómez, Iglesias (2), Gonzalo (1), Fernando Rey (3), Jorge Rodríguez (2), Ángel Soliño (8) e Hugo Urtaza (2).
Árbitros: Yonatan Lázaro Villegas e David Portugal Alonso (Castilla-León). Excluíron por dous minutos a Diego Méndez (2), Pachi Dacosta e ÿscar Couto, polo cadro local, e a Jorge Rodríguez, Gonzalo e Fernando Rey, polos pontevedreses.
Marcador (cada cinco minutos): 3-3, 6-5, 7-6, 10-9, 11-12, 14-13 (descanso), 16-17, 21-17, 24-18, 26-20, 29-21 e 33-22 (final).
Incidencias: Pavillón Lalín Arena (Lalín). Uns 150 espectadores.