O Cisne esmaga a domicilio (18-32) ao Artabro Novo Mesoiro
Por Redacción
Non tivo piedade o Cisne dun débil Artabro, ao que se xa goleara no partido da primeira volta en Pontevedra volveu derrotar na súa propia pista endosándolle un marcador que reflicte ben ás claras a superioridade dos homes de Edín Covelo.
Se os coruñeses teñen dificultades para facer fronte a un equipo sólido como se está a mostrar o Cisne nesta recta final da tempada, a baixa do seu mellor home, Toño Fernández, deixoulles sen opción ningunha de buscar a vitoria.
Os pontevedreses fóronse moi pronto no marcador, para resolver o partido cun parcial demoledor de 1-6 entre o minuto 15 e 20 do primeiro tempo, conseguindo ademais frear o ataque local ao que só permitiron anotar tres goles nos 20 minutos previos ao descanso.
A pesar de ter o partido decidido, o Cisne non levantou o pé e seguiu ampliando a renda ata ese contundente marcador final que lle permite manter opcións, aínda que sexan remotas, de seguir optando ao play-off de ascenso.
BM ARTABRO NOVO MESOIRO (18): Víctor, Martín (porteiros); ÿscar Aldao, David Bouza (1), Alberto Catoira (4), Ígor Dacosta, Adrián Dubra (4), Pablo Giráldez (4), Bruno López (3), Alejandro Seijo, Duarte España e Rubén Río (2).
BM CISNE (32): Edu Alonso e Iago González (porteiros); Iván Abilleira (2), Álex Chan (3), Rafa Dasilva (5), Rafa Gestido, David López (3), Juanjo Novás, Pablo Picallo (5), Pablo Rey (5), Carlos Rodríguez (1), Andrés Sánchez (4), Miguel Simón (3) e Javi Vázquez (1).
Árbitros: Ana Correa Araújo e Soraya Abelenda Martínez (Galicia). Excluíron por dous minutos a ÿscar Aldao, Alberto Catoira, David Bouza, Rubén Río, polos locais, e a David López, Pablo Picallo, Álex Chan, Carlos Rodríguez, Miguel Simón e Javi Vázquez, polo Cisne.
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 4-6, 6-10, 7-16, 7-17, 9-18 (descanso), 9-20, 11-22, 13-24, 15-26, 17-30 e 18-32 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de Novo Mesoiro (A Coruña). Uns 75 espectadores.