O Arxil estreará a LF Challenge recibindo o TSN Leganés
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil xa coñece o camiño que lle espera na que será a súa tempada de estrea na Liga Feminina Challenge, tras o seu recente ascenso de categoría.
O conxunto pontevedrés, que partirá co obxectivo de conseguir a permanencia, estrearase como local, recibindo na casa o TSN Leganés a fin de semana do 28 de setembro.
Unha semana máis tarde, o primeiro desprazamento do curso será á cancha do Unicaja Mijas o 5 de outubro.
Único equipo galego na competición, o Arxil pechará pola súa banda a liga regular o 26 de abril en Pontevedra fronte ao NBF Castelló.
Consulta o calendario completo de competición da Liga Feminina Challenge 24/25.