Borja Domínguez, o gran ausente no inicio da pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol iniciou este luns 22 de xullo os adestramentos e fíxoo cun gran ausente na súa primeira sesión, celebrada na Xunqueira.
Entre os 25 futbolistas citados á sesión inicial, entre primeiro equipo e filial, non se atopaba un xogador do primeiro plantel con contrato en vigor coa entidade granate, Borja Domínguez.
O centrocampista vigués renovara un ano a súa vinculación co Pontevedra ao activarse a final do pasado curso unha cláusula automática no seu contrato, despois dunha campaña na que non gozou do protagonismo esperado. Participou de feito en só 12 encontros, primeiro por unha lesión e despois polo bo rendemento dos seus compañeiros na medular.
A súa ausencia pon sobre a mesa a posibilidade dunha saída negociada, que liberaría unha das 16 fichas sénior (as máximas posibles) que agora mesmo están ocupadas.
De concretarse este movemento, e á espera de confirmación por parte do club granate, abriríase a porta para buscar algún reforzo máis no mercado pensando na experiencia e sen mirar o DNI, non só de idade sub-23.
Relacionadas:
-
Confirmados sete amigables para a pretempada "cargada de partidos" do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra iniciará a liga recibindo o Valladolid Promesas en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Cinco canteiráns do Pontevedra, na busca da súa oportunidade
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra empeza a suar na pretempada
Por Diego Espiño |
-
Kappa, novo patrocinador técnico do Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
"Traballo en equipo" para a secretaría técnica do Pontevedra, con Jacobo Maestre como cabeza visible
Por Diego Espiño |
-
Tripla fichaxe no Pontevedra: Chegan de golpe Xabi Domínguez, Rares Mezdrea e Igor Irazu
Por Diego Espiño |
-
Os recoñecementos médicos ao plantel do Pontevedra, paso previo ao comezo dos adestramentos
Por Diego Espiño |