Román Arboleya amplía o seu contrato co Cisne
Por Redacción
O Club Cisne Balonmano continúa perfilando o seu plantel para a nova tempada en División Honra Prata.
A última renovación confirmada pola entidade pontevedresa é a do pivote Román Arboleya, quen "demostrou un gran compromiso e dedicación" a pasada campaña
"Estamos seguros de que seguirá achegando moito ao equipo", indicou o Cisne a través das súas redes sociais.
Coa súa renovación son xa sete os xogadores confirmados para a próxima tempada, xunto aos tamén renovados Manu Lorenzo, Gualther Furtado, André de Moura e Iván Calvo e os fichados Iago Costas e Dani Virulegio.
RENOVACIÓN | O pivote Román Arboleya continuará un ano máis no primeiro plantel.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 21, 2024
Román demostrou un gran compromiso e dedicación, e estamos seguros de que seguirá aportando moito ao equipo.
Moi contentos desta renovación, seguimos a formar equipo con xente da casa. pic.twitter.com/ka6O3uOSQK