Rikki González volve ao Teucro
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro continúa reforzándose para a próxima tempada. O último en chegar foi o extremo esquerdo Ricardo González, que regresa ás filas do conxunto pontevedrés tras dous anos no Alarcos.
O extremo esquerdo formouse na base do Club Balonmano Cisne, onde comezou a súa andaina deportiva con tan só sete anos. No ano 2020 fichou polo Teucro e agora volve para achegar calidade e velocidade ao equipo.
Rikki é a última fichaxe do conxunto lerezano, que contará para esta campaña con Javi Santana, Miguel Pello, Sergio Cortizo, Gonçalo Areias, Daniel Vicente Pintus, Eloy Krook, Miguel Monteagudo, Rhuan Marchete, Caue Herrera, Andrés Pérez, Roi González e Sergio Wagner.
@rikki1713 está de vuelta!! La familia azul sigue sumando talento pic.twitter.com/K7MVBUEw3n
— Lirón Teucro (@sdteucro) July 20, 2024
Relacionadas:
-
O Teucro completa a súa portería coa fichaxe de Anxo Fraga
Por Redacción |
-
O Teucro presenta a súa campaña de socios máis especial coa que quere "espertar o xene durmido da xente"
Por Almu Dapena |
-
O Teucro xa coñece o calendario da nova tempada
Por Redacción |
-
Javi Santana, Miguel Pello e Sergio Cortizo, a por unha tempada máis co Teucro
Por Redacción |
-
Continúan os movementos no Teucro coas renovacións de Andrés Pérez e Roi González
Por Redacción |
-
Caue Herrera renova como un dos líderes do novo proxecto do Teucro
Por Redacción |