Carolina Bernardeco, primeira baixa confirmada polo Arxil
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil acaba de confirmar que Carolina Bernardeco desvincúlase do club e fichará polo Cortegada.
Desde a directiva arxilista indican que, coa súa marcha, a xogadora portuguesa "deixará un baleiro importante no club, onde se converteu nunha das xogadoras que fixeron o milagre de xogar a fase de ascenso e conseguir xogar na liga Challenge".
Ante esta baixa, o conxunto pontevedrés está a barallar incorporar algunha xogadora que militase na categoría de prata e poida achegar experiencia e calidade ao plantel.
Así mesmo, e con motivo do ascenso de última hora a Liga Challenge, a directiva do Arxil reuniuse este venres no Pazo Provincial cos vicepresidentes da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez.
Relacionadas:
-
O Arxil estreará a LF Challenge recibindo o TSN Leganés
Por Redacción |
-
Marita Janeiro será a adestradora do Arxil para a súa tempada de estrea en LF Challenge
Por Diego Espiño |
-
A Federación confirma o ascenso do Arxil á Liga Feminina Challenge
Por Diego Espiño |
-
O Arxil ten "moitas posibilidades" de competir en Liga Challenge
Por Almu Dapena |
-
Primeiros pasos do Arxil 2024-2025 mirando de reollo a un posible ascenso administrativo
Por Redacción |