Tripla fichaxe no Pontevedra: Chegan de golpe Xabi Domínguez, Rares Mezdrea e Igor Irazu
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2eb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/669931758d-gsxu0v8xmaaqdfr.jpeg)
© Pontevedra Club de Fútbol SAD
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b4d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6699364445-gsx636uxiaalwh5.jpeg)
© Pontevedra Club de Fútbol SAD
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou, de golpe, tres fichaxes para o seu primeiro equipo antes de que o vindeiro luns 22 se inicie oficialmente a pretempada.
Trátase de tres futbolistas en idade sub-23, e é que os granates contaban xa co máximo de 16 fichas sénior ocupadas.
Dous destes xogadores proceden de equipos de Segunda RFEF.
Do Guijuelo chega Xabi Domínguez, extremo natural do Carballiño de 22 anos que gozou de minutos o curso pasado no conxunto salmantino, no que participou en 32 encontros (8 como titular) achegando dous goles. Antes formouse desde idade xuvenil no Club Deportivo Lugo, co que chegou a xogar no seu filial en Terceira e en Segunda RFEF.
Para reforzar o centro do campo chega pola súa banda Rares Mezdrea, futbolista tamén de 22 anos que as últimas campañas defendeu as cores do Racing Villalbés, participando no ascenso a Segunda RFEF e sumando 26 encontros (11 de titular) e un gol o pasado curso, no que compartiu grupo co Pontevedra.
Por último, desde o Atlético Bembibre de Terceira RFEF, o Pontevedra fichou o defensa central guipuscoano Igor Irazu. Con pasado na canteira da Real Sociedad e un breve paso o Laredo na Segunda RFEF, a última campaña disputou 14 encontros como titular no Bembibre.
Coa chegada dos tres Yago Iglesias terá para o inicio dos adestramentos, en principio, 20 efectivos xunto aos xogadores da canteira que traballarán en dinámica do primeiro equipo.
Relacionadas:
-
Cinco canteiráns do Pontevedra, na busca da súa oportunidade
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez, o gran ausente no inicio da pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra empeza a suar na pretempada
Por Diego Espiño |
-
Kappa, novo patrocinador técnico do Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
"Traballo en equipo" para a secretaría técnica do Pontevedra, con Jacobo Maestre como cabeza visible
Por Diego Espiño |
-
Os recoñecementos médicos ao plantel do Pontevedra, paso previo ao comezo dos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
O Deportivo visitará Pasarón nunha pretempada que para o Pontevedra arranca o luns 22 de xullo
Por Diego Espiño |
-
Jacobo Maestre asume a coordinación da secretaría técnica do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Incógnitas por resolver no Pontevedra a poucos días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
O 'pichichi' Rufo renova un ano máis co Pontevedra
Por Almu Dapena |