Nadadores de España, Francia, Portugal e ata Perú participarán na III edición da Volta a nado Illa de Tambo
Por Redacción
Combarro espera máis de 250 nadadores o próximo 28 de xullo na terceira edición da Volta a nado Illa de Tambo.
A travesía a nado, que foi presentada oficialmente este xoves, contará con nadadores de dez comunidades autonómas ademais de deportistas chegados de Francia, Portugal e ata de Perú con idades comprendidas entre os 11 e os 80 anos.
De feito o Club Natación Galaico achegará á máis nova do evento, Lucía Alonso, e ao máis veterano, Manuel Cruces.
Será unha edición coa que se pretende dar un paso máis na consolidación da travesía como unha das citas de referencia no verán da natación galega.
A saída e chegada da proba estará situada na Praza da Chousa, con tres roteiros en función da distancia, xa que a competición contará cunha travesía de 6 quilómetros, unha de 4,5 quilómetros e outra terceira de só 1.000 metros.
Segundo sinalaron desde o Concello de Poio e a empresa organizadora Atlantic Extreme Sports a seguridade será de novo unha das prioridades cun amplo dispositivo despregado, no que participarán 16 embarcacións, 22 kaiak e 10 táboas de pádel surf contando coa colaboración e apoio de Protección Civil de Poio e Marín, Emerxencias de Sanxenxo, Escola Naval Militar de Marín, Marina Combarro, Club Marítimo de Raxó, Nauta Sanxenxo, Garda Civil do Mar, PescaCíes, Club Piragüismo Poio, Pádel Surf Sanxenxo e a asociación de voluntarios Vodea.
Relacionadas:
-
Atropelado un mozo no paso de peóns fronte ao Concello de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Participantes da volta a nado á illa de Tambo gozarán dunha visita guiada previa con degustación de mexillóns
Por Redacción |
-
Apertura de inscricións para a terceira edición da Volta a nado Illa de Tambo
Por Redacción |
-
A Volta a nado Illa de Tambo fixa a data da súa terceira edición
Por Redacción |
-
Marcos Vila e Estíbaliz Bugallo, vencedores da II Volta a nado Illa de Tambo
Por Redacción |