Poio abre ao pickleball cun novo torneo nas pistas de Monte Baldío
Por Redacción
Desde que hai case un ano integrásese nas disciplinas asociadas á Real Federación Española de Tenis, o 'pickleball' non para de gañar adeptos.
Esa nova corrente chega agora a Poio da man do Club de Tenis de Raxó, organizador do I Open de Pickleball Concello de Poio nas pistas de Monte Baldío, coa colaboración do propio Concello e da SCD Raxó.
O torneo, no que se espera a participación de medio cento de deportistas para participar nas categorías individual e dobres tanto masculina como feminina, terá lugar o vindeiro sábado 20 de xullo, tal e como destacaron este martes enuna presentación á que acudiu o edil de Deportes, Cándido Muíños.
A competición contará con catro piestas de xogo e dúas zonas de adestramento, estando previsto que os partidos individuais estreen a xornada desde as 10.00 horas, coas categorías de dobres programadas para a tarde desde as 17.00 horas.
O pickleball é un deporte de raqueta impulsado desde Estados Unidos que mestura elementos doutros deportes como tenis ou pádel pero que se disputa nunha pista de dimensións reducias faciltando tanto a súa aprendizaxe como a participación ao esixir menor preparación física para o seu goce.