Unha vintena de clubs e deportistas de Poio reciben unha subvención municipal
Por Redacción
O Concello de Poio anunciou a concesión este ao dunha vintena de axudas a clubs e deportistas locais a través de fondos municipais.
Trátase dunha subvención outorgada por concorrencia competitiva e que por primeira vez conta con tres liñas ao abrirse aos equipos de categorías de veteranos ademais da o resto de clubs e deportistas federados.
En concreto, explica o goberno local, na liña 1 de axudas repartíronse 28.150 euros entre o Fútbol Sala Poio, Tríatlon Poio, A.C.D.M. Armadiña, Escola de Piragüismo Poio, Poio Bike Club, Marítimo Combarro, Balonmán Artai, Saraiba e Atlético de Combarro.
Na segunda liña destináronse 4.000 euros recibindo axuda Sabela Martínez, Peón, Lorena Nieto Pérez, Carlonia Mastawesha Santos Villalón, Nicolás Braña Rial, Iria Tilve Señoráns, Xulia Losada Carramal, Martín Expósito Rial, Marco Utesá Mosquera, Diego Piñeiro Pereira e Lola Ferro Guiance.
Por último na terceira liña resultou beneficiario o Club Poi Bar Monterrei.
Este apoio debe destinarse a gastos xustificados como licenzas federativas, seguros deportivos, cotas de inscrición en competicións federadas, gastos de transporte, manutención e aloxamento para asistir a competicións ou a salarios de adestradores, entre outros conceptos, correspondentes ao período entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024.
A subvención súmase aos 72.980 euros concedidos a 15 entidades para o desenvolvemento das escolas deportivas municipais.