![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/588/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65468199a0-20231104-saiz-a-rana-marin-futsal-fsf-castro-025.jpg)
© Cristina Saiz
Batería de fichaxes no Marín Futsal con Rapha Martins, Patri Corral e Marga dos Santos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Marín Futsal continúa coa planificación da nova tempada e esta semana confirmou a continuidade dunha das súas xogadoras máis importantes, a chegada de tres novas pezas e a despedida doutras tres.
Carolina Bravo, aterrada a pasada campaña ás filas do club, seguirá un ano máis vestindo a camiseta marinense para axudar ao equipo para conseguir os seus obxectivos na máxima categoría do fútbol sala feminino español.
Os seus números (11 goles en 29 encontros disputados) permitíronlle converterse nunha das principais armas ofensivas do equipo e ser convocada pola Selección Española Sub-21 para disputar o pasado mes de maio dous partidos contra o combinado nacional portugués.
Pola súa banda, para reforzarse, o Marín Futsal fichou a Marga dos Santos Carvalho, procedente do Gondomar Futsal portugués e actual subcampioa mundial universitaria coa Selección de Portugal; á galega Patri Corral, xogadora procedente do FSF Castro que destaca pola súa "rapidez, caneo e bo manexo de balón"; e á internacional brasileira Rapha Martins, que chega desde o Futsi Atlético Navalcarnero para achegar goles.
Pola contra, causan baixa María Estévez, Inés e Adriana, ás que o equipo agradece "o compromiso durante estas tempadas" e deséxalles sorte nos "novos proxectos".
Relacionadas:
-
Poio Pescamar e Marín Futsal xa coñecen o calendario de liga, que comezará o 7 de setembro
Por Redacción |
-
Miriam Ruiz, primeira fichaxe do Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal renova á súa capitá, Jessi 'Café'
Por Redacción |
-
O Marín Futsal blinda a súa portería coa renovación de Ana Pinto
Por Redacción |
-
Carolina Pedreira e Débora Lavrador non seguirán no Marín Futsal
Por Redacción |
-
Fin á etapa de Ramiro Díaz no banco do Marín Futsal
Por Diego Espiño |
-
Gi Portes e Patri Arruti, primeiras pezas do Marín Futsal 24-25
Por Redacción |