O Pontevedra B sorprende a domicilio o Pontellas (3-3) e afástao do ascenso directo
Por Redacción
Nin as lesións temperás de Cuesta e Ismael, nin a expulsión no primeiro tempo de Diego, nin unha arbitraxe moi protestada e polémica, foron capaces de frear ao Pontevedra B, que en inferioridade foi capaz de sobrepoñerse a todas as adversidades para sacar un meritorio punto a domicilio fronte a un dos aspirantes ao ascenso como o Pontellas, ao que fai ceder lixeiramente na súa pugna con Xuventú Sanxenxo e Ribadumia.
Os do Porriño adiantábanse pronto no marcador, pero dous goles de Romero daban a volta ao marcador poñendo en vantaxe o filial granate. A expulsión de Diego permitiu a reacción local, que con dous tantos de Comis volvía a mandar no marcador, pero xogando cun menos os de Blas Charlín confirmaron o seu excelente momento logrando o empate cun tanto de Héctor, para aguantar logo durante máis de media hora o asedio porriñés.
CD PONTELLAS (3): Álex Arias; Adrián, Rubén, Barros, Caco (Kevin, min. 86), Chuvi, Ferreiro (Costas, min. 69), Diego Blanco, Chus (Álex, min. 40), Comis e Javi (Moreira, min. 82).
PONTEVEDRA B (3): Toño; Puyi, Uru, Romero, Collazo (Marou, min. 48), Emilio, Paco (Félix, min. 65), Héctor, Kevin Levis, Cuesta (Ismael, min. 10, Pedro min. 34) e Diego.
Árbitro: Javier Gay Casal (Santiago). Expulsou por dobre amoestación ao visitante Diego no minuto 40 e amoestou a Rubén e Javi, polo Pontellas, e a Kevin Levis e ao técnico Blas Charlín, polo Pontevedra B.
Goles: (1-0) Minuto 3: Chus. (1-1) Minuto 16: Romeiro. (1-2) Minuto 21: Romeiro. (2-2) Minuto 41: Comis. (3-2) Minuto 52: Comis. (3-3) Minuto 60: Héctor.
Incidencias: San Campio (Pontellas-O Porriño). Uns 150 afeccionados.