Preto de 200 xogadores participan en Raxó no Internacional de Xadrez Concello de Poio
Por Redacción
Esta fin de semana disputábase no Centro Cultural Xaime Illa, en Raxó, o torneo Internacional de Xadrez Concello de Poio APCR 2024.
Ao redor de douscentos xogadores participaban neste torneo, puntuable para o sistema de clasificación ELO FIDE. Ademais, entregábanse máis de catrocentos euros en premios.
A competición, de carácter oficial para a Federación Galega de Xadrez, ofrecía partidas de ritmo rápido en nove roldas, divididas en categorías absoluta, feminina, local e por idades.
Roi Reinaldo, do CX Fontecarmoa, lograba a máxima puntuación no sistema clasificatorio con 8,5 puntos.
A actividade desenvolvíase con material adaptado para xogadores con discapacidade visual.