O Xuven dobrega o líder Fuenlabrada (70-67) no Pombal
Por Redacción
Importante triunfo do Xuven, convertido de novo nun auténtico 'mataxigantes' no Pombal, e é que o ambiente do pavillón cambadés empurro aos amarelos como nunca para dobregar o líder da Adecco LEB Prata, o Fundación Baloncesto Fuenlabrada (70-67).
O encontro foi de altibaixos para os locais, pero sempre cun marcador apertado, empezando por un primeiro cuarto no que os madrileños ameazaron con abrir brecha no marcador a base de triplos, pero os de Yago Casal mantiveron o tipo para chegar só catro puntos abaixo a final do período (14-18).
A igualdade foi a tónica predominante ata que o Fuenlabrada logrou unha renda de oito puntos xa no cuarto definitivo (53-61).
Foi entón cando o Xuven tirou de casta para empatar a 61 cun parcial de 8-0, antes de mostrarse máis sereno no tiro nos instantes decisivos e levarse unha vitoria que lles enche de moral para afrontar a recta final da tempada e soñar co play-off.
Tras este resultado os de Cambados quedan na décima posición, empatados a vitorias cos dous equipos que lle preceden, Peixe Galego e Araberri.
XUVENTUDE CAMBADOS (70): Mamadou Diop, Vaquero, Alberto Rodríguez (11), Norman Rey (18), Taylor García (22) -cinco inicial- Orellano, Juan Mato (4), Rafa Wildner, Merino (4), Oubiña (11).
FUNDACIÿN BALONCESTO FUENLABRADA (67): Lobo, Jorge Sanz (8), Sergio Pérez (11), Smits (12), González (9) -cinco inicial- Mbansogo, Rubén Martínez (11), Javier de Pinto (7), Cabral, Aramburu (4), Moungoro (5).
Árbitros: González Cuervo e Carpalo Miguélez. Sen eliminados.
Parciais: 4-18, 18-17, 15-19, 23-13.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón do Pombal de Cambados.