Laura Uña tamén continuará no Poio Pescamar a próxima tempada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Continuidade no Poio Pescamar. A pivote cántabra Laura Uña será vermella por terceira tempada consecutiva, segundo confirmou o club conserveiro este xoves.
Ela era, xunto con Martita, as dous integrantes do persoal con contrato para este novo curso.
Na pasada tempada, Uña repetiu como máxima goleadora do plantel con 27 tantos -oito máis que na anterior-, ademais de repartir oito asistencias.
Ademais, a de Cabezón de la Sal tamén se consagrou como unha habitual da Selección Española, coa que non fora convocada antes.
En total, xogou 39 de 40 partidos posibles, 37 deles como titular, sendo unha peza crave no Poio Pescamar durante toda a tempada.
Relacionadas:
-
Ale de Paz súmase á lista de renovacións do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Irene García renova co Poio Pescamar e disputará a súa sétima tempada como vermella
Por Redacción |
-
Primeiro reforzo para o Poio Pescamar, que incorpora a pivote ourensana Candela Soria
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar confirma a continuidade de Martita
Por Redacción |
-
Marta Peñalver, renovación con mensaxe no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |