Tolito Aguirre e Gonzalo Alfonso levan a final do A1 Galicia Open de Pádel celebrado en Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz
O A1 Galicia Open de Pádel baixou o pano este domingo despois dunha intensa semana percorrendo as pistas do Pavillón Municipal dos Deportes e do Recinto Feiral.
Este domingo disputouse a gran final do torneo da que saíron vencedores os arxentinos Tolito Aguirre e Gonza Alfonso tras derrotar a Arce e Dal Bianco nun épico ecuentro que finalizou nun dobre 6-4.
E iso que non podía empezar peor para eles a final e chegaron a ir perdendo na primeira manga por 4-0, pero a reacción de Alfonso e Tolito foi contundente cun parcial de seis xogos seguidos co que volteaban o set e adiantábanse no partido 6-4.
No segundo set encadearon ata tres break que acabaron cunha vantaxe de Tolito Aguirre e Gonza Alfonso que xa non desaproveitarían para gañar o seu quinto título da tempada.
Con esta vitoria arrebátanlle a condición de parella número uno do circuíto A1 Padel e que ostentaban desde o 15 de marzo do ano pasado.
Relacionadas:
-
O A1 Galicia Open de Pádel entra nas súas roldas finais e expándese ao Recinto Feiral
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O mellor pádel aterra no Municipal co arranque do cadro final do A1 Galicia Open
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Arranca en Pontevedra a fase previa do Galicia Open de pádel
Por Redacción |
-
ROCK & PADEL: Quen dixo que deporte e música non se poden unir?
Por Noticia patrocinada |
-
"O Galicia Open será espectacular e diferente"
Por Noticia patrocinada |
-
Un open de clubs no Recinto Feiral completará a primeira edición do Galicia Pádel Master
Por Redacción |