Volta a normalidade no CGTD tras o fin das obras na pista de atletismo
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/932/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66704dbf11-20240617-patxot-cgtd-0081.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/84e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66704dff96-20240617-patxot-cgtd-0080.jpg)
© Mónica Patxot
Tras case mes e medio de traballos na pista de atletismo, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra recupera a normalidade.
Os clubs e atletas poden xa usar de novo as instalacións para a súa preparación, tras semanas tirando de imaxinación para poder seguir adestrando, unha vez concluídas as obras de renovación da zona de competición de atletismo.
Esta renovación, necesaria, conclúese a tempo para a celebración o vindeiro sábado 22 de xuño do Campionato de España Sub-18 de Federacións Autonómicas.
Ademais e sen perder tempo a Sociedad Gimnástica reprogamou o seu Circuíto de Atletismo en Pista, do que tivera que cancelar varios eventos.
Así, antes do nacional, a primeira competición na renovada pista do CGTD será este mesmo xoves 20 de xuño o XXV Memorial Celso Mariño, ao que lle seguirán o día 26 de xuño o L Trofeo Boa Vila, o 3 de xullo o XLVIII Trofeo SG Pontevedra e o 10 de xullo o XLVII Trofeo Virxe Peregrina. Pechará o Circuíto de Atletismo da Sociedad Gimnástica o XXIX Trofeo Cidade de Pontevedra nunha data aínda por determinar.
Relacionadas:
-
Pontevedra coroa a Andalucía no Nacional Sub-18 de Atletismo máis igualado da historia
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Nacional Sub-18 de Atletismo, unha "competición especial" para estrear a renovada pista do CGTD
Por Diego Espiño |
-
160 atletas adestrarán no CGTD repartidos nas súas trece especialidades
Por Redacción |
-
Clubs e atletas, obrigados a buscar alternativas para adestrar polas obras na pista do CGTD
Por Diego Espiño |