Intensa xornada para o Waterpolo Galaico en Santiago
Por Redacción
A piscina compostelá de Santa Isabel será escenario este sábado de ata catro partidos entre os equipos do Club Waterpolo Santiago e o Waterpolo Galaico.
No máis transcendente de todos, o da Primeira Divisón Galega Absoluta, os pontevedreses buscarán manter o primeiro posto no que é o último encontro dunha igualada liga regular.
De lograr un resultado positivo o Galaico contaría a vantaxe de campo no play-off polo título, no que defenderá a coroa lograda a pasada tempada.
Antes deste choque, os equipos das ligas galegas Benxamín, Alevín e Infantil protagonizarán os seus respectivos duelos.