Avilés espera a un Arxil que quere confirmar a súa reacción
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Despois de volver á senda do triunfo ante o Pabellón Ourense, o Club Baloncesto Arxil visita a pista do cuarto clasificado, o ADBA Avilés (sábado 20:00 horas).
A intención das pontevedresas é confirmar a súa reacción e lograr a segunda vitoria consecutiva en liga para afastarse dos postos de promoción pola permanencia.
Non o terán sinxelo as verdes ante un equipo, o asturiano, que xa lles gañou na primeira volta en Pontevedra por un apertado 61-78.
O máis positivo para o Arxil é que Mayte Méndez poderá contar con todo o plantel en perfecto estado para este compromiso, unha vez que Cristina Diaz Pache adestrou con normalidade durante toda a semana.