Pontevedra e Belfast, unidas polo rugby
Por Redacción
Dúas cidades unidas pola súa paixón polo rugby.
Pontevedra e a capital de Irlanda do Norte, Belfast, estreitaron lazos cunha fin de semana de convivencia de xóvenes deportistas.
Unha representación do Instonians Rugby Club de Belfast, club fundado en 1919, con 26 xogadores de categoría M12 visitaron a Boa Vila tras aceptar a invitación cursada polo Mareantes Rugby Club Pontevedra.
A convivencia contou cunha xornada de adestramento no campo de Monte Porreiro seguida dun terceiro tempo no local social de Mareantes, ademais da participación de ambos os dous equipos no III Torneo internacional Santa Rita organizado por Vos Ingleses de Vilagarcía.
A fin de semana deportiva incluíu tamén actividades lúdicas como surf na Lanzada ou karts.
Todo un irmandamento das categorías inferiores dos clubs que promete ter continuidade cunha visita do Mareantes a Irlanda o compromiso da entidade de Belfast de regresar en 2027.
Relacionadas:
-
Nace o Rías Baixas RC, que fusionará os equipos M16 e M18 do Pontevedra RC e Os Ingleses RC
Por Alejandro Espiño |
-
Xornada de deporte e convivencia coas escolas de rugby
Por Redacción |
-
Felicitacións ao rugby pontevedrés, dobre campión galego
Por Redacción |
-
O rugby de base pontevedrés saca músculo nas finais galegas
Por Redacción |