![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/597/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6655ca53a3-gonj9xmxeaakueq.jpg)
© Edu Ágreda / ASOBAL
Carlos Álvarez recibe o seu MVP da tempada en Asobal: "Para mí es un sueño hecho realidad"
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Un xogador pontevedrés foi o gran protagonista, sen discusión, da gala de final da tempada da Liga Asobal celebrada en Valladolid.
Trátase de Carlos Álvarez, extremo que este curso deu o salto ao Ademar León tras formarse no Cisne e que foi recoñecido como mellor xogador da tempada (MVP), ademais de recibir outro premio como mellor extremo dereito da competición e tamén como máximo goleador grazas aos seus 198 tantos.
"Llevas viendo balonmano toda la vida y ves en la televisión a jugadores que están aquí, para mí es un sueño hecho realidad", recoñeceu o pontevedrés sobre o escenario.
"Estoy súper contento de que se me haya reconocido como uno de los mejores pero también soy consciente que tengo muchísimo que crecer y mejorar", sinalou tamén tras o que foi soamente o seu segundo curso completo na máxima categoría do balonmán nacional.
"Yo venía de Cisne, había esa incertidumbre a cómo me adaptaría a Ademar, pero la verdad es que estoy súper contento. Jugar con jugadores con tanta calidad lo hace muy fácil, poder correr al contrataque, entrar a la calle cuando el entrenador me pone de lateral...", explicou Álvarez acordándose que "yo empecé al balonmano por la familia, y me tocaba seguir con la saga".
Un recoñecemento que lle chega só con 21 anos de idade, cunha longa traxectoria aínda por diante na elite do balonmán.