Os clubs pontevedreses dominan o Campionato Galego de Natación Sincronizada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A piscina olímpica de Ponte Muíños acolleu o pasado fin de semana o primeiro grande encontro autonómico do ano para a natación sincronizada, o Campionato Galego de Inverno, cun dominio claramente pontevedrés.
Das nove medallas en disputa, seis delas foron para os equipos lerezanos, o Galaico Sincro e o Club Natación Sincronizada Pontevedra.
Así o Galaico se adxudicou dous oros en categoría xuvenil e infantil e un bronce para as pequenas do conxunto alevín, mentres o Natación Sincronizada Pontevedra sumou dous platas nas categorías alevín e infantil e un bronce na xuvenil.
As bancadas do Complexo Deportivo Rías do Sur presentaron un fantástico aspecto durante a celebración do campionato.