Apertado triunfo do Xuven a domicilio ante o Zornotza (68-71)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Reparador triunfo do Xuventude Cambados na pista do equipo vasco do Zornotza (68-71).
Os de Yago Casal remataron sufrindo e certificando a vitoria no último suspiro despois de desperdiciar unha importante renda (21-39 ao descanso).
Os amarelos mostráronse moi superiores durante os primeiros 20 minutos, pero na reanudación o conxunto local aproveitou o baixón cambadés para chegar con opcións ao tramo final.
O Zornotza chegou a empatar no último minuto (68-68), pero un triplo amarelo a falta de poucos segundos certificou un importante triunfo para o Xuven, que toma aire cunha importante renda sobre o descenso e pode permitirse pensar de novo nos postos de play-off.
ZORNOTZA (68): Iglesias (16), Salazar (6), Carreto (18), Cruz (13), Rowley (11) -quinteto inicial- David Quero (4), Mendía, Morán.
XUVENTUDE CAMBADOS (71): Ánder García (2), Orellano (4), Alberto Rodríguez (22), Norman Rey (9), Merino (7) -quinteto inicial- Mamadou Diop (6), Vaquero (8), Mato (4), Oubiña (2), Taylor García (7).
Árbitros: García Balzategui e Martín Vázquez. Eliminado por faltas Norman Rey no Xuven.
Parciais: 10-17, 11-22, 26-12, 21-20.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo Larrea, Amorebieta.