Excesivo castigo para un Portonovo que mereceu máis ante o Pontellas (0-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Como máis doe, así caeu o Portonovo ante a visita do Pontellas (0-1) nun partido no que gozou de máis ocasións que o seu rival.
Os arlequinados mostráronse máis ambiciosos que o Pontellas sobre o céspede artificial de Baltar de Arriba (non se xogou en Baltar polo mal estado do terreo de xogo), contando con varias opcións claras de gol, en especial un penalti na primeira metade que Suso Vidal enviou fóra.
Esta falta de contundecia castigou os locais, que viron como a poucos minutos do final, e a balón parado, os visitantes lograban anotar e asegurarse os tres puntos.
Esta derrota deixa ao Portonovo na décimo quinta posición con 32 puntos, nunha zona que se ben está seis puntos por enriba do descenso directo, é comprometida no cao de que se produzan arrastres a final de tempada.
PORTONOVO SD (0): Alejo, Iván Renda, Gándara (Suso Bea, min.75), Suso Vidal, ÿscar García (César, min.66), Nacho, Luis Alberto, Brian (Iván, min.89), Suso Martínez, Dopazo, Álex Cubas.
CD PONTELLAS (1): Arias, Adrián, Barros, José, Rubén, Comis, Chuli (Lorenzo, min.90), Brian (Caco, min.42), Álex (Chus, min.56), Ferreiro (Javi, min.77), Chuvi.
Árbitro: Gil Caldelas (Santiago). Amoestou aos locais Gándara e Brian e aos visitantes Caco, José e Chuli.
Gol: 0-1 Rubén, min.87.
Incidencias: Partido disputado en Baltar de Arriba polo mal estado do campo de Baltar.