Sen opcións para o Vitaldent Pontevedra ante o líder Atlético Novás (16-28)
Por Redacción
Segue a súa marcha imparable o Atlético Novas. O conxunto do Rosal fixo valer a súa condición de líder e invicto da categoría e non deu a máis mínima opción á sorpresa un Vitaldent Pontevedra que deu a cara e mesmo estivo metido no partido ata mediada a segunda parte, pero que se afundiu totalmente no último cuarto de hora.
O equipo que adestra Modesto Augusto tomou a dianteira a partir do minuto 20, para ir ampliando pouco a pouco a súa conta ata lograr unha cómoda vitoria.
Ademais do potente rival que tiñan en fronte, os de Pedro Pérez acusaron as baixas de xogadores moi importantes no esquema do equipo, e remataron acusando o cansazo, ata o punto de non conseguir anotar un só gol nos últimos quince minutos de partido.
VITALDENT PONTEVEDRA (16): Anxo e Pablo Galán; Dani Gómez (2), Rodríguez (1), Domato, Fernando Rey (3), Garrido, Ángel Soliño (6), Iglesias, Gonzalo García (4), Urtaza e Eloy López.
ATLÿTICO NOVÁS (28): Malvar e Kevin García; Rodríguez (1), Pablo Sánchez (4), David Lechuga (4), Jorge Pousa, Da Costa (2), Sergey Tysibanev (2), Ramón Martínez (10), Álex Tsybanev (3), Bruno Leitas, Freiría, Jacobo (1) e Iago (1).
Árbitros: Aja Martínez (Cantabria) e Rollán Martín (Castela-León). Excluíron por dous minutos a Dani Gómez, Fernando Rey e Garrido (2), polos locais, e polos visitantes a Rodríguez, Lechuga e Álex Tsybanev.
Marcador (cada cinco minutos): 2-2, 4-5, 7-6, 7-8, 7-10, 9-13 (descanso), 11-16, 13-17, 14-18, 16-19, 16-23, 16-28 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra). Uns 100 espectadores.