Cómoda vitoria do Cisne ante o BM Lalín (38-25)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Só 15 minutos durou a resistencia do BM Lalín no Centro Galego de Tecnificación ante un consistente Cisne que se mostrou moi superior ao seu rival (38-25).
Antes do descanso os de Edín Covelo xa gañaban por cinco tantos (16-11), unha renda que se foi ampliando ao inicio do segundo tempo sen que se albiscase unha posible reacción visitantes.
Con este triunfo os pontevedreses mantéñense en quinta posición na Primeira Nacional con 25 puntos, pero agora a un só do seu rival este sábado.
CISNE BM (38): Edu Alonso, Pablo Rey (9), Carlos Rodríguez (2), Chan (5), David López (1), Rafa Dasilva (5), Javi Vázquez (5) -siete inicial- Iván Abilleira (3), Andrés Sánchez (7), Gestido, Picallo (1), Simón, Yago González.
BM LALÍN (25): Pablo, ÿscar, Lazara (7), Crespo (4), Bruno Fernández (3), Rubén (1), Dacosta (5) -siete inicial- Ramón Gil (3), Batán (1), Iglesias (1), Pedreira, Couto, Diego Méndez, Novo, Alberto Mouriño.
Árbitros: Aja García e Rollán Martín. Excluíron a Rafa Dasilva (2), David López e Simón no Cisne e a Batán, Rubén e Dacosta nos visitates.
Marcador cada cinco minutos: 3-2, 6-3, 7-7, 9-8, 12-11, 16-11, descanso, 20-14, 23-16, 26-17, 29-21, 35-23, 38-25.
Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.