200 persoas inscritas na camiñada de "Montes e Praias" de Marín
Por Redacción
Este domingo 21 de abril celebrarase unha das andainas máis especiales organizadas polo Concello de Marín.
Trátase da primeira andaina da primavera, composta por un trazado de quince quilómetros polos montes e praias de Marín e cunha parada na Igrexa de Santa María do Campo.
Segundo a organización, xa son 200 as persoas inscritas nesta actividade, que comezrá a partir das 9:00 horas desde a Alameda.
O Lavadoiro do Souto, o Cruceiro do Vento, o Castro da Subidá, o Menhir de Currás, os muíños e a praia de Loira, así como as de Mogor, Aguete e Portocelo... son só algúns dos puntos turísticos e patrimoniais que veremos coa andaina, na que haberá unha parada diferente. Na Igrexa de Santa María do Campo, actuará o Coro de Cámara Thalassa.