O Maratón de Fátima, unha proba deportiva que "forma parte da historia de Campelo e de todo Poio"
Por Redacción
Campelo botarase a correr un ano máis coa XXXV edición do Maratón de Fátima, proba deportiva popular que se celebrará o sábado 11 de maio.
"O Maratón de Fátima é tradición e forma parte da historia de Campelo e de todo Poio", asegurou na presentación da carreira o alcalde, Ángel Moldes, acompañado entre outros do presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; e da Asociación de Veciños de Campelo, Manuel Ligero.
"35 anos facendo unha carreira popular ten moito mérito, e aínda máis facelo involucrando a tantos colectivos", defendeu o dirixente da Federación Galega.
Unha xornada "para gozar, e confiamos en que esperte grande interese", sinalou pola súa banda Ligero como representante da organiación.
As inscricións, de balde para todas as categorías, poderán formalizarse ata o día 7 de maio en www.carreirasgalegas.com.
A actividade o día da proba comezará ás 17.00 horas na Praza da Granxa, coa proba absoluta de 7 quilómetros fixada para as 18.00 horas.