![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/87b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/661403d1db-img-20240407-wa0006.jpg)
© Club Bádminton Ravachol Pontevedra
Dobre ouro do Bádminton Ravachol no Máster de Cartaxena
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Finalizada a Liga Nacional de Clubs, o Club Bádminton Ravachol Pontevedra segue coa tempada de campionatos cunha dobre representación a fin de semana no Máster Nacional Sub-19 disputado en Cartaxena, Murcia.
Ata alí desprazáronse Raúl Bergua e Carmen Carro, ambos os dous aínda xogadores en idade sub-17.
A pesar da súa menor idade os resultados foron notables para os deportistas do Ravachol, asinando unha dobre medalla de ouro na competición.
Por unha banda Carmen Carro levou o ouro en dobres feminino xunto á estradense Iziar Barcala, mentres que na competición individual sumou un bronce ao car nas semifinais.
En canto a Raúl Bergua, logrou o triunfo no sobles masculino facendo parella con Rubén Comerón, do CB A Estrada, ao que se sumou unha medalla de prata no cadro individual ao chegar á gran final e caer fronte a un compañeiro de adestramento como Alejandro Gallego.
Bergua e Carro, que estiveron en Cartaxena acompañados polo seu adestrador Jesús Pereiro, suman con estes resultados importantes puntos que lles fan escalar posicións no ranking nacional da categoría.