![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/829/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65ed88a635-20240309-saiz-rias-sur-waterpolo-pontevedra-alcorcon-002.jpg)
© Cristina Saiz
A permanencia, a tiro para o Waterpolo Pontevedra (12-11)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Waterpolo Pontevedra logrou esta fin de semana en Rías do Sur un importante triunfo diante do CN Montjuic e está a un paso de conseguir manterse en Primeira Nacional Feminina.
A falta de tres xornadas para a conclusión da fase pola permanencia, o conxunto pontevedrés ten os deberes case feitos e tan só faríalle falta un punto dos nove que quedan por disputarse para seguir xogando unha tempada máis nunha categoría que cada ano mellora o nivel.
Con todo, a vitoria diante do equipo catalán non foi tarefa sinxela e decidiuse unha vez máis pola mínima, a pesar de que as pupilas de Kike García dominaron o encontro practicamente desde o inicio.
De feito, as vantaxes do Waterpolo Pontevedra oscilou sempre entre un ou dous goles ata despois do descanso, cando Cap púxose o mono de traballo baixo paus e Uxía Ferreira e Valentina Restrepo responderon ampliando a renda en catro tantos (8-4).
A alegría durou pouco ao cadro pontevedrés e mesmo chegou a ver perigar os tres puntos. O CN Montjuic pasoulle por encima no último parcial e comprimiu o resultado ata quedar a un gol do empate (10-9), pero as locais souberon aguantar e lograron facerse finalmente co triunfo por un axustado 12-11.
Consulta as estatísticas nesta ligazón