O Waterpolo Pontevedra cae en Rías do Sur contra o Leioa (9-12)
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra volveu este domingo ao Complexo Deportivo Rías do Sur para medirse ao Leioa, un equipo con experiencia na categoría pero ao que lle custou derrotar ao conxunto pontevedrés.
De feito, o encontro mantívose completamente igualado, cunha repartición de goles en ambas as porterías e non foi ata o último cuarto cando se produciu a maior diferenza.
Tras uns primeiros parciais nos que cada gol anotado por unha respondérono da mesma forma as outras, unha vez alcanzados o cuarto definitivo o choque dinamitouse.
Ane García e Uxue Hernández deron a maior vantaxe ao Leioa (8-10), Irene Esteban fallou o penalti que serviría para reducir distancias e ela mesma foi expulsada na xogada seguinte. Marta Jaime aproveitouno para ampliar a renda en tres goles e o Waterpolo Pontevedra, a pesar de gozar de dúas superioridades numéricas, foi incapaz de bater a portería rival.
A que si o fixo foi Iria Amoedo de penalti, a falta de 12 segundos para a conclusión, e case sobre a bucina Garazi Capel fixo o 9-12 definitivo.
Consulta a acta nesta ligazón