O Leis empata ante o Santiago Futsal B (1-1) e mantén as súas opcións ao título
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As baixas lastraron ao Leis na visita a Pontevedra do terceiro clasificado, o Santiago Futsal B, pero os lerezanos lograron un punto (1-1) que os mantén na pelexa polo título ligueiro da Terceira División de Fútbol Sala.
Os de Manu Cossío manteñen o liderado por diante do Coruxo.
O encontro ante o filial do Santiago Futsal foi tremendamente disputado, cun marcador que non se moveu ata ben entrada a segunda metade cando Dani, no minuto 30, adiantou o Leis.
Pouco despois, aos 35 minutos, Daniel facía a igualada aproveitando un roubo de balón, antes de que os visitantes apostasen polo porteiro-xogador en busca do triunfo, pero os pontevedreses defendéronse ben certificando as táboas.
LEIS PONTEVEDRA (1): Abadín, Dani (1), Gustavo, Sergio Martínez, Sergio García, Pablo Durán, Barcala, Miguel López, Cabaleiro, Pocho.
SANTIAGO FUTSAL B (1): Marcos, Daniel, Simón, Pablo, Alejandro, Guianzo, Julio, Adrián, Iago, Sergio.
Árbitros: Vidal Araújo e González Lubián.
Goles: 1-0 Dani, min.30; 1-1 Daniel, min.35.
Incidencias: Partido disputado no pavillón de Príncipe Felipe, Pontevedra.