Marc Tur proclámase campión de España de marcha en ruta
Por Redacción
Na súa primeira participación no Campionato de España Absoluto e con só 18 anos, o atleta da Gimnástica Marc Tur impúxose no Nacional de marcha en ruta celebrado en Murcia.
Tur participou a pasada tempada no Campionato de Europa Júnior representando a España, quedando por detrás de Álvaro Martín, con quen nesta ocasión pelexou ata os últimos quilómetros polo título.
O gran favorito para o triunfo, Mikel Odriozola, dominou a proba durante os primeiros 30 quilómetros ata que o deportista do club lerezano o alcanzou tras protagonizar unha carreira de menos a máis, na que perdía dous minutos tras os primeiros 10.000 metros pero na que foi recuperando terreo co paso dos quilómetros.
No tramo final ata completar os 35 quilómetros nin Martín, segundo, nin Odriozola, terceiro, puideron con Marc Tur.
Na mesma proba o tamén atleta da Gimnástica Álex Flórez viuse obrigado a abandonar por lesión, mentres nos 20 quilómetros en categoría feminina Eva Iglesias, minguada fisicamente, finalizou no décimo lugar.
Relacionadas:
-
A Gimnástica, presente no Nacional Xuvenil e de Veteráns baixo teito
Por Redacción |
-
Ampla representación da Gimnástica no Campionato de España de pista cuberta
Por Redacción |
-
Triunfo dos homes da Sociedad Gimnástica no Campionato galego de campo a través
Por Redacción |
-
Eva Iglesias, Marc Tur e Álex Flórez acoden ao Campionato de España de Marcha
Por Redacción |