Marcos Barbeiro, baixa ante o Marino ao ser convocado pola selección de Santo Tomé e Príncipe
Por Diego Espiño
A xanela internacional de seleccións afectará a próxima xornada o Pontevedra Club de Fútbol.
O seu xogador Marcos Barbeiro foi citado pola selección nacional de Santo Tomé e Príncipe para disputar dous encontros de clasificación para a Copa Africana de Nacións 2025.
Non será en todo caso unha baixa especialmente sensible para os granates, xa que o extremo leva cinco xornadas sen aperecer nas convocatorias de Yago Iglesias por decisión técnica, desde que o fixese por última vez en Guijuelo o pasado 10 de febreiro.
Barbeiro disputará coa súa selección un dobre enfrontamento fronte a Sudán do Sur, os días 22 e 26 de marzo.
O futbolista puxo este luns 18 de marzo rumbo á concentración de Santo Tomé e Príncipe, estando prevista a súa reincorporación o mércores 27 de marzo, polo que perderá o duelo deste próximo domingo 24 de marzo (17.00 horas) fronte ao Marino de Luanco no Estadio Municipal de Pasarón.