Estradense e Pontevedra B repártense os puntos (1-1) no barro da Baiuca
Por Redacción
Un campo impracticable, brando, moi pesado e cheo de barro condicionou o xogo de Estradense e Pontevedra B, que disputaron un partido moi intenso, pero pouco vistoso, no que o fútbol directo dos locais intentaban contrarrestalo os granates con chegadas por banda, especialmente na primeira parte.
As defensas fuxiron das complicacións, despexando o balón sen asumir riscos e iso trouxo como consecuencia que as accións a balón parado fosen as protagonistas.
Precisamente nunha delas, un lanzamento de corner, adiantábanse os locais, ao rematar Jorge un balón prolongado ao segundo pau, a falta de 10 minutos. Pero pouco durou a alegría ao equipo estradense, xa que nada máis sacar de centro Kevin Presa mete un balón diagonal cara a Ismael, e o centro deste o remata Collazo. Coke consegue rexeitar, pero o mesmo Collazo recolle o balón e case dende o chan establece un empate que fai xustiza aos méritos de ambos os dous.
CD ESTRADENSE (1): Coke; Silva, Jacobo, Brais, Chan (Arturo, min. 29), Mateo, Vicente, Manuti, Jorge, Iago (José Ramón, min. 72) e Luismi (Unai, min. 58).
PONTEVEDRA B (1): Adrián; Uru, Emilio, Marou, Collazo, Kevin Presa, Paco, Héctor, Pedro (Félix, min. 54), Puyi (Cuesta, min. 46) e Ismael (Adrián Martínez, min. 85).
Árbitro: Manuel Casanova (Ourense), auxiliado nas bandas por Juan Rubio e Javier Pérez. Expulsou por dobre amoestación a Félix (minuto 90). Amoestou aos locais Silva e Jacobo, e ao visitante Emilio.
Goles: (1-0) Minuto 80: Jorge. (1-1) Minuto 81: Collazo.
Incidencias: Campo Municipal da Baiuca (A Estrada). Uns 200 espectadores.