Ao Cisne sóbranlle 15 minutos na súa visita á pista do Atlético Novás (31-25)
Por Redacción
Ao Cisne sobráronlle os últimos 15 minutos de partido e a fenomenal actuación do porteiro local, Kevin, para conseguir puntuar na pista do intratable líder Atlético Novás. Os de Modesto Augusto, que seguen contando os seus partidos por vitorias, sufriron para impoñerse, pero ao final quedaron cos puntos nesa recta final do partido.
Os pontevedreses realizaron un primeiro tempo de moito mérito, aínda que sempre o marcador rexistraba curtas vantaxes locais. Mesmo a comezos da segunda metade chegaron a neutralizar a diferenza, pero un parcial de 6-2 tras entrar no último cuarto de hora de partido sentenciou o choque, rompendo o excelente momento de resultados dos de Edín Covelo.
ATLÿTICO NOVÁS (31): Kevin, Malvar (p.s.); Jacobo Coello, Harris (2), Pablo Sánchez (1), Lechuga, Paulo Dacosta (5), Sergey Tsybanev (2), Ramón Martínez (5), Adrián Lomba, Álex Tsybanev (7) Bruno Leitao (4), Adrián Freiría (4) e Iago Flores (1).
BM CISNE (25): Edu Alonso, Iago González (p.s.); Rafa Gestido (3), David López (6), Iván Abilleira (1), Álex Chan (4), Pablo Rey (1), Andrés Sánchez, Rafa Dasilva (5), Pablo Picallo (1), Javi Vázquez (3), Carlos Rodríguez (1) e Miguel Simón.
Árbitros: Andrés Rosendo López e Sergio Rodríguez Estévez (Galicia). Excluíron por dous minutos a Harris (2), Jacobo Coello e Álex Tsybanev, polo equipo local, e a Pablo Rey, Rafa Dasilva, Miguel Simón e Carlos Rodríguez, polos pontevedreses.
Marcador (cada cinco minutos): 3-1, 5-4, 6-5, 9-6, 11-8, 13-12 (descanso), 16-16, 20-17, 23-21, 25-21, 29-23 e 31-25 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de O Rosal. Uns 200 espectadores.