A canteira do Gimsport lócese no Campionato Galego
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Bo papel do Gimsport de Pontevedra no Campionato Galego Infantil de Kárate.
Seis deportistas representaron o club pontevedrés na competición celebrada no Barco de Valdeorras, con presenza de 400 participantes de 32 clubs.
Vera Quintás García e Ariadna Álvarez Guadarrama lograron colgar o ouro en kata benxamín e kata alevín respectivamente, mentres que Áxel Gil Losada en kata alevín e Mateo Quintás García en kata infantil proclamáronse subcampións galegos.
Por último Borja González Puga e Álvaro Sánchez Suárez lograron o bronce na modalidade de kumite.
Uns resultados que enchen de confianza ao Gimsport ante próximos retos como o Campionato de España Infantil que se celebrará en abril en Guadalaxara.