Evitar o exceso de confianza, obxectivo do Teucro ante a visita do pechacancelas Ereintza
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro recibe este domingo (12:00 horas) ao Ereintza Aguaplast, último da clasificación na División de Honra Prata, no Pavillón Municipal dos Deportes.
Os azuis afrontan o choque coa necesidade de lograr os dous puntos para afianzarse nos primeiros postos ante un equipo que só gañou un encontro na presente liga.
Sen embargo Javier Barrios non se fía do seu rival e quere evitar que se produza exceso de confianza no seu plantel, que se caracteriza pola intensidade que intenta poñer na cancha, principalmente en defensa.
Ademais o Teucro segue lastrado polas baixas nunha semana na que non se recuperaron dos seus problemas Víctor Rodríguez e César Armán, ao que hai que sumar as ausencias prolongadas de Juan Bar e David Chapela.
Os colexiados designados para o encontro son a parella andaluza formada por Murillo Castro e Fernández Molina.