Empeza a tempada de piscina longa para o Galaico
Por Redacción
A piscina olímpica do pavillón dos Remedios de Ourense será escenario este fin de semana do Campionato Galego de Inverno Infantil e Júnior, con presenza de 20 deportistas do Club Natación Galaico.
Un total de 307 nadadores de 23 clubs daranse cita na competición, que serve ademais de punto de partida para a tempada de piscina longa.
Ademais será a última ocasión de conseguir a clasificación para o Campionato de España Infantil que se celebrará en Pontevedra do 27 de febreiro ao 2 de marzo.
En categoría júnior o Galaico contará con: André González, Oscar Guimeráns, Jacobo Ucha, Miguel Gallego, Lara Gómez, Paula Goyanes, Rosalía García e Lucía González.
Pola súa banda o equipo infantil o compenen: Alicia Moreira, Paula Hermelo, Nuria Erselle, Sheila Moldes, Inés Gómez, Águeda B. Cons, Jacobo Moreira, Jorge Gallego, Carlos Acuña, Tomás Bouzas, Daniel Sánchez e Juan David Hernández.