Eva Iglesias, Marc Tur e Álex Flórez acoden ao Campionato de España de Marcha
Por Redacción
Tres atletas da Gimnástica estarán presentes este fin de semana no Campionato de España de Marcha, que se celebra en Murcia o próximo domingo, nunha edición que conta cun gran cambio.
A Federación Española decidiu cambiar a proba dos 50 quilómetros por unha máis curta de 35, e aí competirán Álex Flórez, co reto de meterse entre os 15 primeiros, e Marc Tur, que debuta no Nacional Absoluto.
Tamén estará Eva Iglesias na categoría feminina, despois de superar os problemas de saúde que lle impediron participar no Campionato de Galicia. A atleta da Gimnástica correrá os 20 quilómetros.