Badaxoz, próxima parada dun Arxil que volve á súa liga
Por Redacción
Despois de tres xornadas enfrontándose aos colíderes da Liga Feminina 2, con bo rendemento pero sen lograr ningunha vitoria, o Club Baloncesto Arxil volve á considerada a súa liga cun choque ante un rival directo como o Café Barco Badajoz.
O Pabellón La Granadilla da localidade estremeña (sábado 18:00 horas) acollerá un encontro no que as verdes buscarán un triunfo que lles confirme na zona tranquila da clasificación e achegue o obxectivo da permanencia.
Para iso Mayte Méndez non poderá contar con María Quiroga e Cristina Díaz-Pache nun equipo que deberá combater ademais o cansazo, pois a expedición arxilista viaxa o mesmo día do choque saíndo dende Pontevedra ás 7:00 horas da mañá.