Samieira acolle este domingo o VIII Dúatlon Cross Concello de Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un total de 71 deportistas participarán este domingo 16 de febreiro, dende as 11:00 horas, no VIII Dúatlon Cross Concello de Poio.
A proba, que se desenvolverá en Samieira, é ademais a quinta e última cita do Circuíto Galego, tras as carreiras de Ribadumia, Beariz, Maside e Candeán.
Entre os favoritos para facerse co triunfo está o atleta local do club Monte Abaixo, Marcos Mayo, con rivais como Enrique Morán (Atletismo Porriño), Miguel Arias ou Darío Otero (ambos os dous do Team Corbello).
En categoría feminina destaca a participación de Belén Lemat (Cidade de Lugo), Verónica Montes (Trinity) e Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo).
Todos os participantes deberán percorrer seis quilómetros a pé, 19,5 en bicicleta e rematar de novo con tres quilómetros de carreira, transcorrendo os segmentos por pistas forestais e sendeiros con saída e chegada no campo de fútbol de Samieira.