Oito ouros para atletas da Gimnástica no Campionato de Galicia Xuvenil e Júnior
Por Redacción
Bo papel das novas promesas da Sociedad Gimnástica no Campionato de Galicia Júnior e Xuvenil en Pista Cuberta celebrado o pasado fin de semana no Palacio de Deportes de Riazor, A Coruña.
A colleita pontevedresa ascendeu a 12 medallas, das que oito foron de ouro, e de varias mínimas para os campionatos de España da categoría.
Entre todos os atletas da Gimnástica foi o xuvenil Darío Costas, con tres ouros en 50 lisos, 50 valos e salto de altura.
Tamén resultaron campións xuvenís Jorge Puig nos 800 metros, Beatriz Moreira en pértega, Emma Casas en triplo salto e Elvira Okutu en lonxitude, logrando ademais un bronce en salto de altura.
O resto de medallistas nesta categoría foron Eva García (prata en pértega) e Miguel Rodríguez (prata en pértega), mentres Alba Martínez se converteu, cun ouro en triplo salto, na única atleta en subir ao podio en idade júnior.