Pontevedra pasa o exame da Federación para o Nacional Infantil de baloncesto feminino
Por Redacción
Un comité técnico formado por membros das federacións española e galega de baloncesto visitou este luns Pontevedra para inspeccionar as instalacións nas que se celebrará, entre os días 15 e 21 de xuño, o próximo Campionato de España Infantil Feminino.
A organización espera reunir na cidade a preto de 2.000 persoas entre xogadoras, adestradores, membros federativos, árbitros e familiares nunha competición na que participarán 32 equipos de diferentes lugares da xeografía nacional.
Os partidos repartiranse entre os pavillóns do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, o Universitario e o Pavillón Municipal dos Deportes, que será sede única na fase final do torneo.