O ascenso directo, unha pelexa de tres
Por Diego Espiño
As primeiras xornadas de 2024 empezan a clarificar o panorama no Grupo I da Segunda RFEF, sobre todo pola parte alta, onde a pelexa polo ascenso directo parece cada vez máis unha cousa de tres.
Xunto ao Pontevedra, que recuperou o liderado co seu triunfo contra o Valladolid Promesas unido ao empate do Ourense CF en Luanco, o propio Ourense CF e o Zamora parecen os únicos candidatos a disputarlle o trono aos granates.
Os de Yago Iglesias sumaron 7 de 9 puntos posibles no arranque do ano (triunfos ante Torrelavega e Valladolid e empate en Vilalba), colocándose na cabeza con 39 puntos. Calca eses números o outro candidato galego, con 39 na táboa e dous triunfos e un empate este 2024, mentres que con 38 puntos mantense terceiro un Zamora que tamén suma 7 puntos este mes de xaneiro.
O único equipo do grupo que mantén o ritmo de puntuación desde o cambio de ano é un Guijuelo que é cuarto, pero que aparece xa con 31 puntos a 8 dos granates, unha brecha importante a estas alturas de campionato.
Non moi lonxe do liderado chegaban tamén ao Nadal o Langreo e o Rayo Cantabria, pero tres empates seguidos (catro coa última xornada de 2023) dos asturianos deixáronlles quintos con 29 puntos e a 10 da cabeza, mentres que o filial racinguista sumou 1 punto de 9 posibles e é sexto con 28 puntos.
Cos mesmos 28 puntos séguenlle ademais dous galegos que frearon as súas escaladas coa chegada de xaneiro, como son o Compostela (4 puntos en tres partidos) e o Coruxo (dous empates consecutivos). Ambos os dous ven xa demasiado lonxe o ascenso directo (a 11 puntos), pero non así un play-off no que centran agora os seus esforzos.
Con esta situación a próxima xornada pode seguir clarificando a pelexa no alto, e é que ademais da complicada saída do Pontevedra ao campo (artificial) do Langreo, quinto e en play-off, súmase un duelo entre cuarto e terceiro, é dicir, un Guijuelo-Zamora. O Ourense pola súa banda terá un duelo diferente ao recibir na casa o pechacancelas Arandina.
En canto aos duelos directos, o Pontevedra contará cun punto ao seu favor, e que os seus enfrontamentos contra Zamora (25 de febreiro) e Ourense (21 de abril) serán ambos os dous no Estadio Municipal de Pasarón.
En todo caso, con 15 xornadas aínda por disputarse (45 puntos en xogo), calquera cousa pode aínda suceder. Polo de súpeto, Yago Iglesias sinalaba entre os seus obxectivos mellorar os resultados conseguidos na primeira volta, algo que por agora está a conseguir o seu equipo, que nos dous partidos de segunda volta sumou 6 de 6 puntos posibles, 5 máis que no inicio da competición.
Que queda por xogar ao Pontevedra?
J.20: Langreo (Fóra)
X.21: Cayón (Casa)
X.22: Guijuelo (F)
X.23: Coruxo (C)
X.24: Zamora (C)
X.25: Oviedo Vetusta (F)
X.26: Real Avilés (C)
X.27: Rayo Cantabria (F)
X.28: Marino Luanco (C)
X.29: Arandina (F)
X.30: Covadonga (C)
X.31: Compostela (F)
X.32: Ourense CF (C)
X.33: Deportivo Fabril (F)
X.34: Racing Villalbés (C)
Calendario do Ourense CF
X.20: Arandina (Casa)
X.21: Covadonga (Fuera)
X.22: Compostela (C)
X.23: Zamora (F)
X.24: Deportivo Fabril (F)
X.25: Racing Villabés (C)
X.26: Gimnástica Torrelavega (F)
X.27: Valladolid Promesas (C)
X.28: Langreo (F)
X.29: Cayón (C)
X.30: Guijuelo (F)
X.31: Coruxo (C)
X.32: Pontevedra CF (F)
X.33: Oviedo Vetusta (C)
X.34: Real Avilés (F)
Calendario do Zamora CF
X.20: Guijuelo (Fóra)
X.21: Compostela (Casa)
X.22: Coruxo (F)
X.23: Ourense CF (C)
X.24: Pontevedra CF (F)
X.25: Deportivo Fabril (C)
X.26: Oviedo Vetusta (F)
X.27: Racing Villlabés (C)
X.28: Real Avilés (F)
X.29: Gimnástica Torrelavega (C)
X.30: Rayo Cantabria (F)
X.31: Valladolid Promesas (C)
X.32: Marino Luanco (F)
X.33: Langreo (F)
X.34: Arandina (C)
Relacionadas:
-
O Pontevedra tira de efectividade para remontar ante o Coruxo e seguir líder (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Triunfo de oficio contra o Cayón e volta ao liderado (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Empate en Langreo do Pontevedra e perda de liderado (0-0)
Por Almu Dapena |
-
Yago Iglesias e o 'ascenso' de Guèye: "De aquí a final de tempada seguro que ten participación no primeiro equipo"
Por Diego Espiño |
-
O adestramento do Pontevedra, convertido en 'máster class' para futuros técnicos
Por Redacción |
-
Toño Calvo: "Mirar a clasificación é un erro, pode que sexa o noso maior rival"
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "O marcador fai xustiza ao que se viu no terreo de xogo"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A sorte sorrí o Pontevedra para recuperar o liderado (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |