Non puido superar o Poio FS ao Ponte Ourense que se impuxo (3-2) nun competido partido
Por Redacción
A punto estivo o Poio FS de obter algo positivo da súa visita ao Ponte Ourense. As locais quedaron cos puntos, pero polo menos as de Marcio Santos salvaron o parcial entre ambos os dous equipos, acariciando ata o último instante a posibilidade de obter polo menos un punto, que por xogo e ocasións mereceron.
O partido tuivo emoción e intensidade. As ourensanas adiantáronse pronto no marcador, no minuto 3, cando Anita aproveita un pase de Marta, rematando ao segundo pau.
Pero as "rojillas" non se caeron, nin sequera cando no minuto 11 o equipo local ampliaba a conta co segundo gol, obra de Chiqui en xogada persoal. Tanto é así ao en ao pouco de sacar de centro Ceci acurta distancias cun remate a media altura, establecendo o 2-1 co que se chegaba ao descanso.
A segunda parte foi un constante toma e daca, con ocasións para os dous equipos. Aos 28 minutos, Bea en xogada persoal facía o 3-1, pero de novo reaccionaba o Poio, que se metía unha vez máis no partido cun disparo de Elena que dá en Souza e remata no fondo da portaría.
Puido chegar o empate do Poio nun dobre penalti, pero a porteira local, Vane, neutralizaría a ocasión, e o Ponte soubo aguantar o pulo das de Marcio Santos, cun intento final a través de xogo de cinco, que non deu resultado nun partido interesante e moi competido.
PONCHE OURENSE (3): Vane; Anita, Bea, Marta, Souza -cinco inicial-, Drica, Chiqui, Rosángela e Laura.
POIO FS (2): Silvia; Charo, Claudia, Ceci, Kiko -cinco inicial-, Elena, Yoly e Peke.
Árbitros: Cardero Rodríguez e García Rodríguez (colexio galego). Amoestaron a Rosángela, Bea e Marta (2, descualificada no minuto 35'), polo Ponte Ourense, e a Ceci, polo Poio.
Goles: (1-0) Minuto 3: Anita. (2-0) Minuto 11: Chiqui. (2-1) Minuto 11: Ceci. (3-1) Minuto 28: Bea. (3-2) Minuto 30: Elena.
Incidencias: Pavillón dos Remedios (Ourense) Uns 300 espectadores, con numerosa presenza de afeccionados visitantes.