Golpe de autoridade do Teucro en Antequera (31-38)
Por Redacción
Nin as baixas foron capaces de frear o vendaval teucrista en Antequera, onde os azuis conseguiron un claro e importante triunfo (31-38) para consolidarse nos postos de play-off de ascenso.
Malia as ausencias de Víctor Rodríguez, Armán, Chapela e Juan Bar os de Javier Barrios mostráronse moi superiores a un conxunto andaluz que só mantivo o nivel pouco máis de dez minutos.
Ese foi o tempo no que o partido se mantivo igualado, porque dende o 6-7 que campeaba no marcador no minuto 13 se pasou ao 6-10, unha brecha que outorgou confianza ao Teucro e que pouco a pouco foi aumentando.
O Antequera fixo un intento por meterse no partido acurtando distancias (10-12), pero os azuis non estaban polo labor de facer concesións e ao descanso xa mandaban por un contundente 12-19.
Na reanudación os pontevedreses ampliaron a renda ata os 11 goles (14-25, min.38), unha vantaxe que malia o baixón teucrista resultou suficiente ante un equipo local que logrou reducir a distancia aos catro tantos pero que rematou cedendo por sete.
MERIDIANO ANTEQUERA (31): Villamarín, Maireles, Morales (7), Ceballos, L.Castro (2), Redondo (2), Lorasque (4), Bertos (7), Díaz (5), A.Castro (1), Pérez de León, Milosevic (3).
SD TEUCRO (38): Cadilla, Dorado, Carlos Pombo, Pichel (12), Álex Pombo (5), Porto (1), Moreira (6), Iván Fernández (1), Carlos Garcia (5), Borja Fernández (6), Sío (2), Héctor.
Árbitros: Amigo Plaza e Espadas García de la Galana (Castilla La Mancha). Excluíron a Morales, Diaz, A.Castro e Milosevic nos locales e a Porto, Borja Fernández e Carlos García en el Teucro.
Parciais: 2-3, 5-6, 6-8, 8-11, 10-15, 12-19, descanso, 13-22, 15-25, 18-26, 24-29, 28-33 e 31-38 (final).
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Municipal Fernando Argüelles de Antequera.