Irene Vilaboa continuará por quinta tempada consecutiva á fronte do Teucro
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A Sociedade Deportiva Teucro comunica o "acordo total" ao que se chegou con Irene Vilaboa, actual adestradora do primeiro equipo, para que siga á fronte durante a Tempada 2024-25.
A adestradora, que chegou ao Teucro na tempada 2020-2021 en substitución de Luis Montes, dirixirá o equipo por quinto ano consecutivo como responsable do banco azul.
Para o Club, este acordo ten unha "importancia vital" xa que, segundo a xestora, "supón a continuidade dun proxecto iniciado hai unhas tempadas, no que se puxo todo o traballo e esforzo para conseguir paulatinamente unha situación estable a nivel a nivel deportivo, económico, social e institucional e sentar as bases do que esperamos culmine nun club sólido a todos os niveis e con futuro".
Así, esta renovación supón “un paso moi importante para acadar os obxectivos propostos, por iso dende o club vemos con moita ilusión o prometedor futuro que esperamos para este Club nos próximos anos”, sinalan dende a directiva teucrista.