A Gimnástica roza o dobrete na Copa Xunta de atletismo en pista cuberta
Por Redacción
Por undécimo ano consecutivo, case nada, a Sociedad Gimnástica proclamouse a fin de semana co seu equipo masculino campión da Copa Xunta de Galicia en Pista Cuberta.
Un éxito que puido ser completo en Ourense, ao rozar cos dedos un dobrete que tería sido sobresaliente, e é que o equipo feminino do club pontevedrés finalizou no segundo posto a só 0,5 puntos do vencedor, o Ourense Atletismo.
Volvendo á competición masculina, a Gimnástica dominou a xornada con 95 puntos totais, superando en 23 ao segundo clasificado, o Atletismo Celta.
Destacaron os primeiros postos conseguidos nas súas probas por Raúl Cortizo (lonxitude), Sergio Rodríguez (200 metros), Pablo Bocelo (1.500), Carlos Porto (3.000), Gabriel de la Cruz (60 metros lisos) e a recente fichaxe Alexis Miguéns (400).
Na categoría feminina pola súa banda conseguiron vitorias para a Gimnástica as atletas Andrea Villaverde (lonxitude), Sabela Martínez (800 metros), Cristina Garrido (60 metros lisos) e Sabela Castelo (3.000).
Un positivo inicio de ano para o club pontevedrés e para os seus atletas, que lles permite coller confianza de fronte ao próximo inicio da tempada ao aire libre.
Relacionadas:
-
Desvelado o camiño da Gimnástica no Campionato de España de Clubs de División de Honra e Primeira División
Por Redacción |
-
Sabela Martínez colga o ouro no Campionato de España Sub-18 en pista cuberta
Por Redacción |
-
Os atletas da Gimnástica suman experiencia no Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Sabela Castelo revalida o seu título de campioa de España de cros
Por Redacción |
-
A Gimnástica e o Pinarium soben ao podio no Campionato Galego de Campo a través
Por Redacción |
-
Catorce atletas súmanse a Jean Marie Okutu na renovación do equipo masculino da Gimnástica
Por Alejandro Espiño |
-
A Gimnástica reforza o seu equipo feminino con seis novas incorporacións
Por Redacción |
-
O olímpico Jean Marie Okutu volve á Gimnástica unha década despois
Por Redacción |
-
A Gimnástica presenta á súa nova mascota, 'Ravatleta'
Por Redacción |